





 |
ETIQUEDIS, UN SOÑO DE MOITOS
Nunha época na que poucos nos teñen en conta, nun tempo no que para que a nosa voz
chegue aos que mandan temos que facer cousas extraordinarias, temos a oportunidade de
amosar que tamén nos estamos feitos de ilusións, soños, e pretendemos acadar obxectivos.
ETIQUEDIS, a maior festa deseñada pola mocidade a para a mocidade que nunca antes
se fixo na nosa terra, é unha oportunidade para que a nosa autoestima medre, para que
nos sintamos por unha vez importantes, e tamén donos das nosas vidas.
OS RESULTADOS DA
LONGA ENQUISA |
|
UN DÍA COMPLETO PARA SER LIBRES |
Ao longo de varios meses preguntamos á mocidade galega como sería a súa festa ideal, grazas ás respostas de centos de persoas, configuramos un programa, que nesta web vos presentamos, feito á medida da xente.
Algún medio de comunicación bautizou esta festa, o proxecto ETIQUEDIS en xeral, como o 'grande festival megademocrático' da historia. Queremos non decepcionar e que se poidan seguir a decir cousas dese tipo de algo organizado por tanta xente, con tanto esforzo e tantas gañas...
Na sección 'FESTA DE TODOS' poderedes descargar o informe no que atoparedes o resultado da enquisa e a forma na que a organización de ETIQUEDIS fixo uso de todos
os datos para deseñar as actividades que
agora presentamos para o 26 de agosto. |
|
Pensamos que unha opción interesante sería dividir as actividades que entre todos pedimos a través da campaña que ETIQUEDIS desenvolveu nos últimos meses en varios espazos, temáticos
e con diversos contidos para que cada un,
dentro da festa, tivera a opción de escoller.
Na sección 'ACTIVIDADES' da nosa web poderedes ver todos os espazos que teremos
o 26 de agosto na polideportiva de Castelo, o
lugar no que desenvolveremos a actividade.
Tamén queremos que sigades participando,
realmente foi esa sempre a filosofía do
ETIQUEDIS, que a través dos medios que
Internet nos proporciona poidamos estar en contacto, falar do que pensamos que é mellor
para todos co obxectivo de facer xuntos a
mellor festa deste verán... |
O CARTAZ DA MELLOR
FESTA DO VERÁN |
|
 |
Toda boa festa ten un bo cartaz, este é o noso, o de ETIQUEDIS, a festa que desenvolveremos en Castelo (Culleredo), o vindeiro 26 de agosto...
Como podedes ver, contén unha boa parte das actividades que se desenvolverán no recinto ao longo das vintecatro horas que durará o evento.
Seguramente, nas próximas semanas, comezaredes a velo polas rúas, cando pasedes cos vosos amigos e recoñezares o noso logo non o dubidedes, comentade a posibilidade de achegarvos, porque se de algo estamos seguros é de que o pasaredes moi ben con nos.
O Concello de Culleredo, a través da Concellería de Mocidade e Voluntariado, colabora de xeito activo no proxecto ETIQUEDIS, aportando ideas, materiais, traballo e moitas gañas. A Asociación Castelo Deporte é a entidade que organiza o evento, que dende o pasado mes de decembro, comezou a andar a través dunha campaña de promoción que chegou a milleiros de rapaces e rapazas de toda Galicia, principalmente a través das redes sociais e da nosa páxina web.
Agora é momento de amosar que tanto traballo merece a pena e ten un resultado positivo...
|
|
|